martes, 16 de junio de 2015

Premio en María Pita!!!!

O pasado 3 de xuño acudimos ó Concello unha representación dos rapaces de sexto que estamos a Investirruar a cidade para recoller o 3º Premio do concurso de Blogs convocado por eles. Sentímonos felíces de que se recoñecera e valorara o noso esforzo e traballo, como podedes ver reflexados nos nosos rostros. Foi toda unha experiencia!!!! E aquí queda a mostra do ben que o pasamos e do contentos que estabamos!!!

viernes, 29 de mayo de 2015

TERCEIRO PREMIO NO CONCURSO DE BLOGS :)

HURRA!!!! 
Estamos de parabén,  gañamos o terceiro premiooooo no concurso de blogs convocado polo Concello!!
Estamos radiantes de alegría, dita, ledicia, .....!!!
Queremos agradecer a todos os compañeiros e compañeiras o traballo e o esforzo que fixeron , á ANPA , ás profes e as nosas familias o apoio que nos deron : GRAZAS A TODOS !!!!!
Tamén queremos felicitar os outros grupos de gañadores !!!!


As nosas xentes!!!

A cidade non só a forman as rúas, edificios, parques, etc... o máis importante na cidade son as persoas, e queremos que coñezades algunhas que son cercanas a nós!!!!

jueves, 28 de mayo de 2015

Investirruamos o Barrio das Flores


 O Barrio das Flores é un dos barrios máis emblemáticas da Coruña e aquí temos o traballo que fixemos. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
Publicado por: Braian, Christian, Dani M e Héctor.

Investirruamos Juana de Vega

Ola! Aquí vos deixamos a presentación da rúa de Juana de Vega, é unha das máis coñecidas e céntricas da cidade.
Publicado por:
Andrés, Raquel e Tato

Praza da Palloza

Nesta praza hai un parque para nenos, unha fonte, unha fábrica de tabaco pechada pero en obras.
Hai algúns espazos verdes ainda que non moitos,  ten baixos comerciais e un pequeno quiosco .

INVESTIRUAMOS A RÚA RAFAEL ALBERTI

Aquí vos deixamos un prezi sobre a rúa Rafael Alberti para que saibades como é.

Esperamos que vos guste .

Publicado por: Alejandra, Cora, Yenni y Nazaret.

Un paseo pola Avenida Monelos

Un paseo moi longo e moi interensante, esperamos que vos guste.
Vide a investirruar!!!
Publicado por: Dani.A, Unai, Brais e Marco.

viernes, 8 de mayo de 2015

Pena- Aventura, preparando as maletas!!!

Que guay este venres imos de excursión a Pena Aventura, estamos desexandoo.

O malo é que tardaremos moito en chegar unhas 3 horas e 11 minutos  pola autoestrada ou 3 horas e 36 minutos indo por Ourense e Verín (sen tráfico moito menos tempo), en total uns 323 km pola primeira opción e 365 km  pola segunda, pero merece a pena tanto tempo para ir a un sitio tan chulo.

Mirade o mapa que vos preparamos para ver o percorrido.

jueves, 30 de abril de 2015

Rebumbio Matemático ;-)

Algúns nenos de 6º de primaria participamos no XV Rebumbio Matemático celebrado no Fórum. Foi unha experiencia inolvidable e moi didáctica. Se queredes ver as fotos pinchade aquí. Participamos 31 colexios na cidade da Coruña, e como podedes ver os nomes que eleximos para os nosos equipos foron: Os lóstregos da Matemática e Os mini Pitágoras :b
Ao recinto do Fórum, fomos en taxi; e despois volvimos andando ao cole.
Aquí vos deixamos un mapa por si non sabedes onde esta o Fórum.

              

lunes, 27 de abril de 2015

Riego de Agua

Imos dar un pequeno paseo,Vide ,Vide!!

Coñeceremos os seus comercios, edificios, mobiliario urbano,... e moitas cousas máis.

Poñede o voso comentario do que vos parece. Grazas.

jueves, 23 de abril de 2015

Ramón y Cajal

Ola!!!
Imos presentar unha rúa: Ramón y Cajal.
Está rúa é moi longa, ten moitos edificios con alturas de ata 8 pisos. Está moi transitada por coches e persoas. Gustaríanos que puxeran espazos verdes e parques infantís.
O que mais nos gusta é que haxa rampas e aparcamentos para os minusválidos.
Queremos que a visitedes.
Aqui tedes un prezi sobre ela. Esperemos que vos guste moito e veñades a coñecela.

jueves, 9 de abril de 2015

A nosa guía turística de Calvo Sotelo

Ola a todos e todas imos presentar unha rúa moi guai, escollémola porque é moi chula e está ó lado da praia de Riazor.Adiviñades cal é?
Se ides a ela tedes unha gran variedade de negocios: axencias de viaxe, academias de idiomas, perruquerías, tenda de venta de teléfonos, restaurantes, panaderías... e ata tamén hai colexios e un hospital.
Non dubidedes en velo :p

                    A NOSA GUÍA TURÍSTICA DE CALVO SOTELO

                     

miércoles, 8 de abril de 2015

Imos á Praza de María Pita!

Ola a todos:
Fomos á Praza de María Pita a recorrela, buscar información e sacar fotos.
María Pita (María Mayor Fernández de Cámara Pita) foi unha heroína da defensa da Coruña contra a Armada Inglesa.
Esta é a praza máis importante e antiga da cidade.Nela temos o edificio do Concello de A Coruña, que nos encanta, en especial o seu balcón.
Chámanos a atención a estatua de María Pita, que está situada no centro da Praza.
Veña non sexades tímidos, animádevos a visitala!

viernes, 27 de marzo de 2015

Investirruamos parte da Avenida Caídos

Ola a todos vós!!!
Estivemos recopilando moita información sobre esta avenida e descubrimos que  ten moita historia.
Foi dedicada aos mortos na Guerra Franquista... 
Se queredes saber máis mirade este prezi! 

jueves, 26 de marzo de 2015

De paseo polos Cantóns;)

Ola, parece que hoxe tocounos a lotería ao pasear polos Cantóns , ... porque é tan bonito.
Ten edificios moi interesantes como o do Banco Pastor,a Fundación Barrié e ABANCA (onde podedes ver exposicións ), o Obelisco,os xardíns de Méndez  Núñez...
Animádevos a ver este prezi e coñecelos mellor.


lunes, 23 de marzo de 2015

Calle Real: A Real Street da Coruña

Ola a todas e todos os visitantes  deste blog!!!
Nós investirruamos a Calle Real. Descubrimos que era unha rúa das máis antigas da cidade. É unha rúa peonal e con moitos baixos comerciais.
O  que máis nos gustou dela foi que hai moitas tendas de roupa :), e o que non nos gustou, que non hai espazos verdes, aínda que teñen cerca os Xardíns de Méndez Núñez.
OMG!!!!! É unha das rúas máis belas da cidade.
Veña, vide conosco a visitar esta rúa co noso xornal XD


 

lunes, 9 de marzo de 2015

Que ben!!! Imos visitar o Museo de La Voz de Galicia omg!!!!!

Mañá 10 de Marzo visitaremos o museo de La Voz de Galicia: visitade esta ligazón para coñecer un pouco o museo e tamén para facer unha visita virtual.
Estas instalacións están situadas na Avda. da Prensa, no polígono de Sabón, a 14 Km de distancia aproximadamente do noso colexio. Calculamos que tardaremos uns 20 minutos segundo google maps. Aquí vos deixamos a ruta.
Esperamos pasalo mooooooi ben!!!!!!!!







viernes, 6 de marzo de 2015

Avenida Salvador de Madariaga

Ola investirruadores!!
Hoxe imos mostrarvos a Avenida Salvador de Madariaga.
É unha rúa moi longa, luminosa, bonita, rodeada de castiñeiros, con moitos pasos de peóns, un centro cívico, unha biblioteca (González Garcés), un edificio administrativo (onde están as oficinas de moitas consellerías e unha oficina de correos), unha gasoliñeira, un ximnasio, un mercado municipal (Elviña)... Ainda que ten de case todo, botamos en falta as indicacións auditivas nos semáforos para as persoas cegas. Esperemos que se solucione pronto.

lunes, 2 de marzo de 2015

O BÚS, O MELLOR TRANSPORTE :)

Usa o transporte público, non contamines!!!



Na Ronda Camilo José Cela hai tres paradas de autobús non tes escusa para non usalo.
Deixamosvos o mapa para que saibades onde están para que o poidades coller.

viernes, 27 de febrero de 2015

miércoles, 11 de febrero de 2015

O noso colexio en vivo XD

Xa sabedes onde está o noso colexio no mapa, agora imos ensinarvos o noso patio e o colexio por fora. Gústavos? Esperemos que sí. :-)

lunes, 9 de febrero de 2015

Que ben!!! Visitamos a Domus!!!

O vindeiro xoves, 12 de febreiro, imos visitar a Casa do Home. Estamos desexando ir!!!!
Se queredes información sobre este museo pinchade aquí
De seguido, vos deixamos o mapa que fixemos co percorrido desde o noso colexio ata a Domus.

  

jueves, 5 de febrero de 2015

O noso colexio !!!!!!

Ola a tod@s!!! 
Queredes saber onde estamos?
Mirade o mapa e descubrídeo!!!
Se pinchades nos marcadores poderedes ver onde estamos nós e outros centros educativos do noso redor.
Se pinchades no cadrado inferior esquerdo, poderedes ver o plano de maneiras diferentes: mapa, satélite ou híbrido.
Tamén se premedes nos símbolos + ou - podedes amplialo ou reducilo. 
Animádevos a probar e navegar polo noso mapa!!! :)

martes, 3 de febrero de 2015

Benvida e presentación

Ola e benvidos a todos e todas a este noso blog dos rapaces e rapazas de sexto de EP do CEIP María Pita de A Coruña.
Será a nosa lupa para explorar, descubrir e mostrarvos as nosas rúas, barrio, espazos, xentes, ... en resumo, a nosa cidade, iremosvola ensinando a pouquiños.
Desexamos que vos guste!!!!