jueves, 30 de abril de 2015

Rebumbio Matemático ;-)

Algúns nenos de 6º de primaria participamos no XV Rebumbio Matemático celebrado no Fórum. Foi unha experiencia inolvidable e moi didáctica. Se queredes ver as fotos pinchade aquí. Participamos 31 colexios na cidade da Coruña, e como podedes ver os nomes que eleximos para os nosos equipos foron: Os lóstregos da Matemática e Os mini Pitágoras :b
Ao recinto do Fórum, fomos en taxi; e despois volvimos andando ao cole.
Aquí vos deixamos un mapa por si non sabedes onde esta o Fórum.

              

lunes, 27 de abril de 2015

Riego de Agua

Imos dar un pequeno paseo,Vide ,Vide!!

Coñeceremos os seus comercios, edificios, mobiliario urbano,... e moitas cousas máis.

Poñede o voso comentario do que vos parece. Grazas.

jueves, 23 de abril de 2015

Ramón y Cajal

Ola!!!
Imos presentar unha rúa: Ramón y Cajal.
Está rúa é moi longa, ten moitos edificios con alturas de ata 8 pisos. Está moi transitada por coches e persoas. Gustaríanos que puxeran espazos verdes e parques infantís.
O que mais nos gusta é que haxa rampas e aparcamentos para os minusválidos.
Queremos que a visitedes.
Aqui tedes un prezi sobre ela. Esperemos que vos guste moito e veñades a coñecela.

jueves, 9 de abril de 2015

A nosa guía turística de Calvo Sotelo

Ola a todos e todas imos presentar unha rúa moi guai, escollémola porque é moi chula e está ó lado da praia de Riazor.Adiviñades cal é?
Se ides a ela tedes unha gran variedade de negocios: axencias de viaxe, academias de idiomas, perruquerías, tenda de venta de teléfonos, restaurantes, panaderías... e ata tamén hai colexios e un hospital.
Non dubidedes en velo :p

                    A NOSA GUÍA TURÍSTICA DE CALVO SOTELO

                     

miércoles, 8 de abril de 2015

Imos á Praza de María Pita!

Ola a todos:
Fomos á Praza de María Pita a recorrela, buscar información e sacar fotos.
María Pita (María Mayor Fernández de Cámara Pita) foi unha heroína da defensa da Coruña contra a Armada Inglesa.
Esta é a praza máis importante e antiga da cidade.Nela temos o edificio do Concello de A Coruña, que nos encanta, en especial o seu balcón.
Chámanos a atención a estatua de María Pita, que está situada no centro da Praza.
Veña non sexades tímidos, animádevos a visitala!