viernes, 29 de mayo de 2015

TERCEIRO PREMIO NO CONCURSO DE BLOGS :)

HURRA!!!! 
Estamos de parabén,  gañamos o terceiro premiooooo no concurso de blogs convocado polo Concello!!
Estamos radiantes de alegría, dita, ledicia, .....!!!
Queremos agradecer a todos os compañeiros e compañeiras o traballo e o esforzo que fixeron , á ANPA , ás profes e as nosas familias o apoio que nos deron : GRAZAS A TODOS !!!!!
Tamén queremos felicitar os outros grupos de gañadores !!!!


As nosas xentes!!!

A cidade non só a forman as rúas, edificios, parques, etc... o máis importante na cidade son as persoas, e queremos que coñezades algunhas que son cercanas a nós!!!!

jueves, 28 de mayo de 2015

Investirruamos o Barrio das Flores


 O Barrio das Flores é un dos barrios máis emblemáticas da Coruña e aquí temos o traballo que fixemos. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
Publicado por: Braian, Christian, Dani M e Héctor.

Investirruamos Juana de Vega

Ola! Aquí vos deixamos a presentación da rúa de Juana de Vega, é unha das máis coñecidas e céntricas da cidade.
Publicado por:
Andrés, Raquel e Tato

Praza da Palloza

Nesta praza hai un parque para nenos, unha fonte, unha fábrica de tabaco pechada pero en obras.
Hai algúns espazos verdes ainda que non moitos,  ten baixos comerciais e un pequeno quiosco .

INVESTIRUAMOS A RÚA RAFAEL ALBERTI

Aquí vos deixamos un prezi sobre a rúa Rafael Alberti para que saibades como é.

Esperamos que vos guste .

Publicado por: Alejandra, Cora, Yenni y Nazaret.

Un paseo pola Avenida Monelos

Un paseo moi longo e moi interensante, esperamos que vos guste.
Vide a investirruar!!!
Publicado por: Dani.A, Unai, Brais e Marco.

viernes, 8 de mayo de 2015

Pena- Aventura, preparando as maletas!!!

Que guay este venres imos de excursión a Pena Aventura, estamos desexandoo.

O malo é que tardaremos moito en chegar unhas 3 horas e 11 minutos  pola autoestrada ou 3 horas e 36 minutos indo por Ourense e Verín (sen tráfico moito menos tempo), en total uns 323 km pola primeira opción e 365 km  pola segunda, pero merece a pena tanto tempo para ir a un sitio tan chulo.

Mirade o mapa que vos preparamos para ver o percorrido.