viernes, 27 de marzo de 2015

Investirruamos parte da Avenida Caídos

Ola a todos vós!!!
Estivemos recopilando moita información sobre esta avenida e descubrimos que  ten moita historia.
Foi dedicada aos mortos na Guerra Franquista... 
Se queredes saber máis mirade este prezi! 

jueves, 26 de marzo de 2015

De paseo polos Cantóns;)

Ola, parece que hoxe tocounos a lotería ao pasear polos Cantóns , ... porque é tan bonito.
Ten edificios moi interesantes como o do Banco Pastor,a Fundación Barrié e ABANCA (onde podedes ver exposicións ), o Obelisco,os xardíns de Méndez  Núñez...
Animádevos a ver este prezi e coñecelos mellor.


lunes, 23 de marzo de 2015

Calle Real: A Real Street da Coruña

Ola a todas e todos os visitantes  deste blog!!!
Nós investirruamos a Calle Real. Descubrimos que era unha rúa das máis antigas da cidade. É unha rúa peonal e con moitos baixos comerciais.
O  que máis nos gustou dela foi que hai moitas tendas de roupa :), e o que non nos gustou, que non hai espazos verdes, aínda que teñen cerca os Xardíns de Méndez Núñez.
OMG!!!!! É unha das rúas máis belas da cidade.
Veña, vide conosco a visitar esta rúa co noso xornal XD


 

lunes, 9 de marzo de 2015

Que ben!!! Imos visitar o Museo de La Voz de Galicia omg!!!!!

Mañá 10 de Marzo visitaremos o museo de La Voz de Galicia: visitade esta ligazón para coñecer un pouco o museo e tamén para facer unha visita virtual.
Estas instalacións están situadas na Avda. da Prensa, no polígono de Sabón, a 14 Km de distancia aproximadamente do noso colexio. Calculamos que tardaremos uns 20 minutos segundo google maps. Aquí vos deixamos a ruta.
Esperamos pasalo mooooooi ben!!!!!!!!







viernes, 6 de marzo de 2015

Avenida Salvador de Madariaga

Ola investirruadores!!
Hoxe imos mostrarvos a Avenida Salvador de Madariaga.
É unha rúa moi longa, luminosa, bonita, rodeada de castiñeiros, con moitos pasos de peóns, un centro cívico, unha biblioteca (González Garcés), un edificio administrativo (onde están as oficinas de moitas consellerías e unha oficina de correos), unha gasoliñeira, un ximnasio, un mercado municipal (Elviña)... Ainda que ten de case todo, botamos en falta as indicacións auditivas nos semáforos para as persoas cegas. Esperemos que se solucione pronto.

lunes, 2 de marzo de 2015

O BÚS, O MELLOR TRANSPORTE :)

Usa o transporte público, non contamines!!!



Na Ronda Camilo José Cela hai tres paradas de autobús non tes escusa para non usalo.
Deixamosvos o mapa para que saibades onde están para que o poidades coller.